O lapis do carpinteiro

By (author): "Manuel Rivas"
Publish Date: 1998
O lapis do carpinteiro
ISBN8483022613
ISBN139788483022610
AsinO lapis do carpinteiro
Original titleO lapis do carpinteiro
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade, en tempo de guerra e posguerra, que chega ós nosos días.Un grande amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza da Fronteira, filla dunha familia de ambiente reaccionario e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidad intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.O lapis do carpinteiro é o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.